domingo, 10 de febrero de 2019

Choose Love / Help Refugees


Sabedes que a semana pasada celebramos o Día da Paz? Na clase de Primeiro unímonos á campaña Choose Love, de axuda ós refuxiados. Participamos mercando un anorak, material escolar, unha ducha con auga quente e unha comida, que chegarán en forma real o seu destino en breve!

Animádevos a coñecela premendo neste link






Practicamos matemáticas con Mathex!


Profesores do departamento de Matemáticas da USC, coa colaboración de profesores de ensino secundario, acaban de poñer en marcha a versión de proba de Mathex, un xogo que ten por obxectivo achegar a ciencia a todo tipo de públicos combinando estratexia e coñecementos. Podedes ler a noticia enteira neste link.

Na clase de 1º xa nos animamos a probalo e serviunos para aprender un montón!

A que esperades?

Bo verán!

Outro recordo dun curso diferente. Grazas por ficar na casa, por portarvos tan ben e por todo o voso esforzo. Pikachu, o peixe da clase...