sábado, 20 de junio de 2020

Bo verán!



Outro recordo dun curso diferente. Grazas por ficar na casa, por portarvos tan ben e por todo o voso esforzo. Pikachu, o peixe da clase de 2º, deséxavos unhas boas vacacións!

viernes, 31 de mayo de 2019

Aprendendo a plantar!










Fomos ao invernadoiro e quedaron plantados os pementos e as berenxenas! A ver se van para arriba, ñaaam que ricooos 😋😋😋

domingo, 10 de febrero de 2019

Choose Love / Help Refugees


Sabedes que a semana pasada celebramos o Día da Paz? Na clase de Primeiro unímonos á campaña Choose Love, de axuda ós refuxiados. Participamos mercando un anorak, material escolar, unha ducha con auga quente e unha comida, que chegarán en forma real o seu destino en breve!

Animádevos a coñecela premendo neste link






Practicamos matemáticas con Mathex!


Profesores do departamento de Matemáticas da USC, coa colaboración de profesores de ensino secundario, acaban de poñer en marcha a versión de proba de Mathex, un xogo que ten por obxectivo achegar a ciencia a todo tipo de públicos combinando estratexia e coñecementos. Podedes ler a noticia enteira neste link.

Na clase de 1º xa nos animamos a probalo e serviunos para aprender un montón!

A que esperades?

domingo, 13 de enero de 2019

Unha visita moi especial



Esta semana visitáronos Paula e Ramiro, os pais do noso alumno Ramiro de 1º. Viñeron a explicarnos como se traballa nunha batea e trouxeron uns visitantes moi especiais! Pasámolo xenial, gracias pola visita!!!







domingo, 30 de diciembre de 2018

Aprendendo sobre o mar


Como son os dentes dos tiburóns e como funcionan as luces de palangre? 

Son algunhas das cousas que estamos aprendendo este curso...












Bo verán!

Outro recordo dun curso diferente. Grazas por ficar na casa, por portarvos tan ben e por todo o voso esforzo. Pikachu, o peixe da clase...